Skip to main content
Lugo

O Concello reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

A concelleira de Participación do Concello de Lugo, Cristina López, mantivo unha xuntanza con Anjhara Gómez, presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, que ten como obxectivo incorporar á muller de xeito activo na vida empresarial e profesional. Durante a xuntanza, López escoitou as demandas deste colectivo e aportou información sobre os proxectos máis inmediatos e tamén os futuros, que se están a desenvolver dende a Área da que é responsable.

Cristina López mantivo esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade. A concelleira afirmou que o Goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polas asociacións como pola veciñanza de Lugo.

“Traballamos para seguir impulsando a nosa cidade”, afirmou López, que engadiu que “desde a Tenencia de Alcaldía estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar todos os espazos públicos do noso concello”.