Skip to main content
Lugo

O BNG pídelle á Xunta que abra o aparcadoiro do edificio administrativo en Lugo

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo reclamou á Xunta que abra o aparcadoiro do edificio administrativo da rolda da muralla ao público para “atallar a falta de prazas de estacionamento producido polo peche do aparcadoiro gratuíto da estación”. Arroxo anunciou que o BNG enviará unha carta ao Delegado da Xunta en Lugo unha vez sexa nomeado, solicitando que esta instalación se abra “en horario de tarde, cando menos afecta á xornada habitual do persoal da Xunta”.

Rubén Arroxo destacou que “a Xunta de Galiza pode colaborar para reducir as molestias que produce unha obra como a renovación da estación do tren poñendo a disposición da veciñanza unha alternativa de estacionamento gratuíto”. A medida sería similar “á xa posta en marcha polo Concello de Lugo no aparcadoiro do Seminario Menor, garantindo un número de prazas para o persoal, mais dedicando o maior número posible ao estacionamento para toda a veciñanza”.

O estacionamento da praza Conde de Fontao é “un dos estacionamentos gratuítos da cidade con maior demanda”, polo que a súa apertura supuxo “unha mellora importante tanto para as veciñas e veciños como para as persoas que traballan na zona”.