Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo propón crear aparcadoiros en altura na rúa Castelao e en Fontiñas

Por 23 Abril, 2024Abril 24th, 2024Sin comentarios

O PP propón crear unha rede de aparcadoiros en altura en distintos puntos da cidade para solucionar os problemas de aparcamento de Lugo. O concelleiro popular Ramón Cabarcos fixo un estudo en localizacións como a Milagrosa e en Avenida de Fontiñas e, para dar servizo á zona centro, analizou parcelas situadas na contorna da rúa Santiago, da rúa Paxariños e rúa Castelao.

O Grupo Municipal do PP presenta o estudo para a creación de máis prazas de aparcamento “ben definitivas ou transitorias” que poderían habilitarse en infraestruturas en superficie, ou ben en altura”. Ramón Cabarcos lembrou que “o PP leva anos insistindo na necesidade de habilitar zonas para aparcar na contorna do casco histórico e tamén en barrios densificados coma San Antonio, Milagrosa, Feijoo, Ronda das Fontiñas”, lamentando que “tanto PSOE coma BNG tumbaron de forma sistemática todas estas propostas”.

O concelleiro destaca a construción de aparcadoiros en altura en localizacións que levan anos sobre a mesa: na rúa Castelao, detrás do edificio administrativo da Xunta, e en Fontiñas no talude do parque de Os Paxariños, en torno ao número 129, ou ben, na outra zona en desnivel situada á altura do número 99- 105 da avenida.

O edil popular afirma que “antes de que empeore máis esta situación, que afecta non só á veciñanza senón tamén ao comercio local, urxe tomar medidas” en ese sentido advertía “da saturación dos aparcadoiros disuasorios que existen”. Esta situación viuse agravada ultimamente polo “peche do aparcadoiro da zona da Estación de tren como consecuencia das obras da intermodal”.

Máis aparcadoiros disuasorios

Para os populares é prioritario actuar de forma inmediata xa que “cada vez é máis complicado estacionar en moitas zonas de Lugo froito dunhas obras mal planificadas e duns proxectos mal deseñados como o carril bici que ninguén usa pero que destruíu centos de prazas de aparcadoiro”. Solicitan que se habiliten parcelas para facer máis aparcadoiros disuasorios a través de diversas fórmulas, como pode ser a cesión de uso temporal a cambio dalgunha bonificación municipal como a exención do IBI, ou mediante aluguer, adquisición, permuta ou expropiación.

Ramón Cabarcos explicaba que esta fórmula non está a ter moito éxito en alusión a que “veñen de confirmar que non habilitarán as 40 prazas do aparcadoiro prometido na parte traseira da igrexa do Carme”. Ademais, tampouco “nada se sabe cando se vai abrir o aparcadoiro que hai en Santa María”.