Skip to main content
Lugo

A asociación de veciños Porta de Lugo pide recuperar as liñas de buses suprimidas

Por 24 Abril, 2024Abril 25th, 2024Sin comentarios

As modificacións nas liñas de autobuses urbanos na cidade seguen a causar molestias entre os lucenses. Os últimos en pronunciarse son a asociación veciñal Porta de Lugo que denuncia o malestar entre os usuarios tras a supresión de dúas liñas, a 7 e a 7ª, que afectan ás paradas das inmediacións do polígono do Sagrado Corazón.

A liña 7, que facía o seu percorrido dende as Gándaras ata o Campus Universitario, “tiña a súa baixada pola rúa Venancio Senra e facía parada na esquina do polígono do Sagrado Corazón”. No caso da 7ª, que ía ata o cemiterio, “tiña subida pola rúa Venancio Senra e había unha parada na esquina da rúa do Carballo fronte ao polígono”. Tras os cambios, “só a liña 13 baixa pola rúa Venancio Senra, pero carécese dunha liña de subida por esa rúa e de parada nas proximidades”.

Dende o colectivo veciñal aseguran que o cambio de liñas foi moi prexudicial para os veciños, especialmente para os maiores e dependentes, para o centro de saúde, para os negocios e para o colexio da zona. Por este motivo, recolleron firmas que entregaron no Concello hai meses para recuperar as liñas suprimidas antes da aprobación dos orzamentos municipais.

Aseguran que ata o momento non recibiron resposta. “Requirimos unha resposta do Concello e da responsable da área de mobilidade canto antes, non nos serve o silencio por resposta, cando a demanda formalizada é un dereito”.