Skip to main content
Lugo

Preséntase en Lugo un catálogo dos 50 anos de exposición da Ramón Falcón

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

A Capela de Santa María acolleu  a presentación do catálogo que recolle as exposicións “Pasado. Presente” e “Futuro” realizadas pola Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo, con motivo do seu 50 aniversario. A deputada de Cultura Iria Castro acompañou ao profesorado e estudantado do centro que asistiu ao acto, no que se recordou a historia e o valor que aporta a Lugo.

Castro destacou o traballo realizado polo centro “para recordar os seus 50 anos a través de dúas exposicións celebradas no Vello Cárcere e na Capela de Santa María ao longo do pasado ano e nas que participaron alumnos e alumnas de distintas promocións, así como profesorado”. A Vicepresidencia da Deputación editou 500 libros, 400 para o centro e outros 100 para a súa distribución desde a institución provincial. A Escola conta con 250 estudantes e 33 docentes que se forman en deseño de interiores, deseño gráfico, cerámica, fotografía, gravado e serigrafía.