Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo asegura que os postos do mercado de Frigsa pagan o dobre que en Vigo e cinco veces máis que en Ourense

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O PP di que o Goberno local prioriza recadar fondos polos postos que se instalen en Frigsa, en lugar de mellorar as condicións do mercadillo. O concelleiro popular Gustavo Díaz lamenta que ao Goberno só lles preocupe recadar sen ter en conta as dificultades económicas que poden ter os vendedores ambulantes que participan, posto que “lles cobra a taxa anual por colocar os seus postos no recinto de Frigsa e para a maioría supón un importe moi elevado”.

No PP pensan que mercadillos como o de Frigsa deben de ser espazos de dinamización económica e, por iso, defenden que hai que mellorar as condicións do recinto. Gustavo Díaz recalca que “é preciso que se coloquen dispositivos móviles de aseos para garantir a hixiene no recinto, así como unha maior difusión e publicidade por parte do concello para aumentar a súa visibilidade e atractivo.

Segundo calculan os populares, tendo en conta os 70 mercados que hai en Frigsa ao longo do ano e toman como referencia un posto de 10 m2 en Lugo suporía un pago de 1.512 euros. “Se facermos este mesmo cálculo usando os prezos doutras feiras importantes de Galicia vemos como duplicamos a tarifa de Vigo; triplicamos a de Padrón, quintuplicamos a de Ourense e multiplicaríamos por nove a de Melide. Aseguran que en Melide se pagarían 177,40 euros, en Padrón 476 euros, en Vigo 700 euros e en Ourense 315 euros.