Skip to main content
LugoPalas de Rei

A Sociedade Micolóxica Lucus oponse á instalación de Altri polo seu enorme impacto ecolóxico

Por 25 Abril, 2024Sin comentarios

A Sociedade Micolóxica Lucus, como entidade naturalista, oponse á instalación de Altri polo seu enorme impacto ecolóxico nunha zona de grande interese medioambiental. O colectivo leva anos estudando a micobiota na Serra do Careón e colaborando, mesmo economicamente, nos proxectos de conservación dos hábitats serpentínicos da zona.

Deste xeito, consideran que a instalación dunha fábrica como Altri suporía un enorme impacto para a valiosa e importante biodiversidade da zona, que conta con diversas especies endémicas de flora serpentínica e un río como o Ulla, que alberga especies en perigo de extinción. Por este motivo, rexeitan a súa instalación e solicita a conservación e protección deste importante enclave, polas súas características únicas en Galicia.