Skip to main content
Lugo

Lugo contará cun plan para mellorar os accesos á cidade

Por 25 Abril, 2024Sin comentarios

O PP acadou no último pleno unanimidade por parte da corporación para desenvolver un plan de mellora de accesos a Lugo en coordinación coas administración titulares de cada vía. Sosteñen que moitas das entradas ofrecen unha mala imaxe aos viaxeiros ademais de ser inseguras xa que xa que “falta iluminación, mantemento do firme, limpeza en profundidade nalgunhas infraestruturas como a ponte branca así como renovar e mellorar a sinalización”.

Ademais, PSOE e BNG apoian a proposición dos populares para estudar a través do Gabinete de Tráfico a proposta consensuada co Colexio de Farmacéuticos para reservar prazas de aparcadoiro nas inmediacións das farmacias. Esta petición facilitará á cidadanía a compra de medicamentos de forma rápida solucionando as dificultades de estacionamento que hai en certas zonas da cidade para acceder a dito servizo.

Por outra banda, o PSOE afirma que o centro interxeneracional Paco Martín do barrio da Piringalla se autoxestiona polas persoas que queiran entrar no edificio e facer o que lles interese para socializar. Así xustifican que teñan aberto outro edificio sen uso da colección inmobiliaria municipal e manteñen que o Paco Martín non é un centro convencional, polo que votaron en contra da proposición dos nacionalistas de contido e programación estable para o centro.

Tampouco sae adiante o proxecto de crear unha rede de aparcadoiros en altura en distintos puntos da cidade tras os votos en contra socialistas e nacionalistas. Os populares aseguran que seguen sen aceptar que faltan zonas para aparcar e negan que existan  problemas de mobilidade en Lugo.