Skip to main content
Lugo

Vandalizan seis árbores no entorno do parque Rosalía de Castro, en Lugo

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou a vandalización de seis árbores no entorno do parque Rosalía de Castro e unha na rúa Bispo Aguirre. Fernández condenou estes actos sucedidos durante a madrugada e pediu á cidadanía respecto aos espazos públicos e civismo pois “o custo do vandalismo pagámolo entre todos, Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala”, apuntou.

Cinco das árbores danadas atópanse nas costas do parque e unha na parte superior. O servizo de Medio Ambiente levará a cabo traballos para tentar salvar estes exemplares de gran valor. “Entre as medidas que se van a implementar de maneira inmediata é a aplicación de cicatrizante para evitar que este ataque conleve a morte destas árbores”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica Miguel Fernández, quen explicou que “a árbore vandalizada na rúa Bispo Aguirre, que foi cortada pola metade, será reposta nos vindeiros días”.

O responsable de Transición Ecolóxica insistiu en apelar “á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións desta índole” e pediu colaboración “para detectar e evitar actos vandálicos”.