Skip to main content
Lugo

Continúa a renovación do alumeado público na Milagrosa e nas Gándaras

Por 28 Abril, 2024Sin comentarios

Renováronse as luminarias da rúa Menorca e da praza da Milagrosa, e na rúa Venancio Senra e a súa contorna, instalando LED, o que supón un importante.

O tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou as actuacións que se están a executar dentro do plan de renovación da rede de alumeado público de Lugo. Arroxo explicou que “seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas”. Nestes días, estase a traballar na Milagrosa, renovando a rúa Menorca e a praza da Milagrosa, e na rúa Venancio Senra e na súa contorna, renovando tamén as luminarias das rúas Carballo, Fontaneira, Pradairo, Fonmiñá, Nogueira, Agro do Monte e Agro do Granxeiro

Os traballos consisten na substitución das luminarias antigas de Vapor de Sodio, instalando puntos de luz Led, o que permitirá un importante aforro enerxético de máis de 22.000 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras. Na contorna das Gándaras renovaranse tamén os elementos eléctricos, como os condutores e as caixas.

Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo “traballamos continuamente na redución do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”.  Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, como caixas, condutores ou fusibles facendo así que diminúan as avarías e as molestias á veciñanza.