Skip to main content
Palas de Rei

Os veciños de Palas poden desfrutar en Santiago dunha función de teatro de balde

Por 29 Abril, 2024Sin comentarios

O Centro Dramático Galego ten en marcha o programa Sobes ao autobús do teatro? para achegar o teatro profesional á xente das zonas do rural e que chega a Palas de Rei o vindeiro 1 de maio. Deste xeito, haberá autobús gratuíto para que a xente poida desprazarse a ver a función en Santiago. Só se paga a función en si, que son 3 euros.

Este ano a función que se vai ver é Os actos e as profecías o día 1 de maio, con hora de saída do autobús da Praza do Concello de Palas de Rei ás 11.45 horas, mentres que a hora da función teatral é as 18.00 horas.

Os interesados poden inscribirse no Departamento de cultura do Concello de Palas de Rei ou chamar ao 981 380 001 ou ao 629 324 528. Tamén, a través do correo cultura@palasderei.org.