Skip to main content
Portomarín

Portomarín volve rendir tributo a súa augardente durante dous días

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

Como todos os anos o Domingo de Pascua acolleu a tradicional Festa da Augardente de Portomarín, unha 52 edición que chegou cunha novidade. O Concello organizou esta fin de semana dous días de festa, nos que a vila volveu a encherse de veciños e asistentes para demostrar o gran tirón da cita.

Ademais do estreado concurso de coctalaría, os que se achegaron ata o municipio pudieron gozar de varios postos con degustacións dos produtos da terra, carreira popular e música.  A sesión vermú da man da orquestra Trébol e o concurso Cócteles do Camiño protagonizaron a xornada inicial, mentres que o domingo tivo lugar a entrega de premios, a procesión do Santo Encontro, misa na igrexa de San Xoán e pasacalles a cargo da Asociación Cultural Río Miño.

Carreira popular

Pola mañá tamén se organizou unha nova edición da carreira popular, na que resultaron gañadores José Canda e Sandra González. A proba contou cun percorrido de 7.300 metros. Na categoría masculina, Esteban Díaz quedou en segundo lugar e Germán López Vázuqez, en terceiro. Na feminina, Sandra González, María Jesús Conde e Ainara Rodríguez foron as que subiron ao podio. Mencía Álvarez foi a gañadora na categoría C e Miguel Miragaya na masculina.  Fran Miragaya e Lara López foron os vencedores da categoría B e Mireia Diaz e Adrián Alarcón na categoría A.

Unha xornada técnica no salón de actos do Pazo do Xeneral Pardiñas, recibir aos novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde Serenísima da Alquitara e o pregón da man de Mario Mato, adegueiro de Portomarín completou o programa nesta xornada. A música protagonizará a tarde, que estivo amenizada pola charanga Era Visto.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou durante esta xornada nos actos da festa. García Porto salientou o apoio da institución provincial a este evento, co que colabora a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024 cunha achega de 6.000 euros.