Skip to main content
Portomarín

Continúa o obradoiro das Espigadoras de Portomarín sobre a enerxía rexenerativa dos bosques

Por 4 Abril, 2024Sin comentarios

A asociación As Espigadoras de Portomarín continúa co seu obradoiro, impartido por Andrés Reboreda, sobre o uso da enerxía rexenerativa dos bosques para recuperación da natureza en Caborrecelle. Forma parte da programación organizada polo colectivo e xa organizaron as dúas primeiras das catro sesións, ás que se pode asistir de xeito individualizado.

A seguinte xornada terá lugar este sábado de 11.30 a 13.30 para levar a cabo a segunda fermentación. As seguinte data da actividade será o 20 deste mes. Os interesados en participar poden confirmar a súa asistencia a través do correo asespigadoras@gmail.com ou do 659 286 528.

As Espigadoras é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende apoiar e difundir a artesanía, os saberes tradicionais e os coñecementos sobre a terra, as plantas e os seus usos, vinculados ao medio rural galego, pola custodia do territorio e cun enfoque de xénero.