Skip to main content
Carballedo

Carballedo organiza a sexta edición da súa carreira popular este sábado

Por 2 Maio, 2024Maio 3rd, 2024Sin comentarios

O Concello de Carballedo celebra a VI edición da súa ‘Carreira Popular entre carballos centenarios’ este sábado 4 de maio, que incluirá unha andaina popular e as carreras infantís, xuvenil e absoluta.

Así, a carreira infantil comezará ás 16.00 horas, ás 17.00 sairán os corredores que participan na carreira absoluta e, 5 minutos despois, ás 17.05 horas, terá lugar a saída das persoas que participen da andaina.

A saída de todas as persoas inscritas será desde a praza Víctor Portomeñe, na Barrela, a ademais de correr, haberá amenización para os veciños que se acheguen a animar aos participantes.