Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

Monforte acolleu unha nova edición do torneo de ximnasia do club Quicela

Por 28 Abril, 2024Sin comentarios

O concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega das medallas correspondentes ó XV Torneo Val de Lemos Ximnasia Rítmica, que se celebrou no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.

Esta foi a decimo quinta edición deste Torneo de ámbito autonómico, que estivo organizado polo Club Quicela, no que participaron, ademais do clube monfortino, clubes chegados de toda a comunidade galega e cun total de 460 ximnastas dos niveis B, escolar, promoción e prebase.

O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.