Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAMonforte

Éxito rotundo da XIV Carreira Popular de Monforte

Por 28 Abril, 2024Sin comentarios

En categoría masculina absoluta, o gañador foi o ourensán Alejandro Fernández Rivera, mentres que na absoluta feminina, foi a deportista ourensá Begoña Domínguez Montes a gañadora.

O alcalde, José Tomé Roca, amosou a súa satisfacción tralo remate da 14ª edición da Carreira Popular de Monforte, porque “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, encheu a zona de saída e meta, na Compañía. O tempo finalmente acompañou, a pesares da presencia da choiva que apareceu ó final da proba absoluta, o que tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.

Os atletas que participaron nas 14 categorías da XIV Carreira Popular Concello de Monforte foron 997 persoas, o cal significa que o interese pola proba monfortina segue ano a ano.

Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, foron os encargados de entregalos ós atletas gañadores, xunto con outros membros da corporación municipal.

Gañadores e gañadoras

En categoría masculina absoluta, o gañador foi o ourensán Alejandro Fernández, mentres que na absoluta feminina, foi a deportista ourensá Begoña Domínguez a gañadora. Toda a información sobre a carreira pódese consultar neste enlace.

Por categorías:

Prebenxamín masculina:

  • Alejandro Farias Novoa
  • Bruno Otero Cid
  • David López Cassillas

Prebenxamín feminina:

  • Erea López Casares
  • Amina Chaggour
  • Lola Rodríguez Franco

Benxamín masculina:

  • Alexandre Costa Vázquez
  • Sergio Álvarez Estrada
  • Asier Baldomar de la Fuente

Benxamín feminina:

  • Estela Dacosta Losada
  • Ana Vázquez Méndez
  • Antía Camino Rodríguez

Alevín masculina:

  • Mauro Fuigueiras Hermilla
  • Christian Alexander Brown Ravagni
  • Lois Rodríguez Nieves

Alevín feminina:

  • Sabela Sánchez Payo
  • Elia Silvarrey López
  • Martina Martínez Lillo

Infantil-Cadete masculina:

  • Ismael Rodríguez Nieves
  • Daniel Martínez González
  • Mateo Rodríguez

Infantil-Cadete feminina:

  • Sara Pérez Pallín
  • Alba Ferreiro Rodríguez
  • Kalina Stefanov García

Absoluta masculina:

  • Alejandro Fernández Rivera
  • José Canda Louzao
  • Alejandro Cadaya

Absoluta feminina:

  • Begoña Domínguez Montes
  • Antía Rodríguez Abad
  • Sandra González Fernández

Equipos 10K:

  • Alex Team A
  • Atletismo Arenteiro
  • Alex Team B