Skip to main content
Chantada

A Feira da Primavera celébrase no Espazo Xove de Chantada este venres 26

O Espazo Xove Chantada celebra a Feira da Primavera 2024 a partir deste venres, 26 de abril, con diferentes actividades gratuítas para todas as persoas interesadas.

Así, a programación incluirá, na quenda de mañá un obradoiro, ‘Danzar o Sentir’, dirixido ao alumnado participante do IES Lama das Quendas e do IES Val do Asma, e impartido por Paulo Blue Fernández da Cía Kirenia Danza e Eva Ramudo. E tamén se desenvolverá un mural participativo e photocall de ‘Información Xuvenil’.

Pola súa parte, pola tarde terá lugar o obradoiro aberto á mocidade ‘Danzar o Sentir’ impartido por Paulo Blue e Eva Ramudo de 16.30 a 18.30 horas, e logo haberá un torneo de xogos Wii de 18.30 a 20.30 horas.