Skip to main content
Folgoso do Courel

Folgoso do Courel acollerá uns obradoiros de memoria para persoas maiores de 50 anos

O Concello de Folgoso do Courel, en colaboración con Afamon Monforte, ofrecen unha serie de obradoiros de memoria para persoas de 50 ou máis anos de idade que non presenten deterioro cognitivo significativo e que queiran potenciar os seus niveis de autonomía.

Estas actividades levaranse a cabo un día á semana dende o 22 de abril e ao longo de tres meses en diferentes localizacións. Así, os luns terá lugar o obradoiro ás 15.30 horas en Folgoso, e ás 17.30 horas en Seoane, cunha hora e media de duración por sesión.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Concello de Folgoso do Courel ou no teléfono 982 43 30 01 de forma gratuíta e ata completar o aforo permitido.