Skip to main content
Monforte

Comeza o Rally do Comercio de Monforte no que poderán participar as persoas interesadas ata o 25 de abril

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

Comeza o Rally do Comercio 2024, unha campaña de dinamización comercial organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos en colaboración con 35 establecementos asociados.

Trátase dunha iniciativa na que as persoas interesadas poderán participar no sorteo dun premio único valorado en 3.150 euros. A través desta campaña, preténdese fomentar o comercio local e recompensar a fidelidade dos clientes que compren nos 35 establecementos participantes.

As persoas que participen deberán realizar compras entre o día 1 e o 25 de abril de 2024 en calquera dos 35 establecementos participantes e depositar os tíckets de compra nas urnas habilitadas para este fin. O sorteo do premio terá lugar na Praza de España de Monforte de Lemos o xoves 25 de abril de 2024 ás 21.00 horas.

A persoa premiada poderá desfrutar do seu premio o venres 26 de abril de 2024 no horario establecido pola organización: de 10.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 horas pola tarde.