Skip to main content
Monforte

O Centro de Competencias Dixitais de Monforte vén de cumprir un ano en funcionamento

Por 2 Abril, 2024Abril 3rd, 2024Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a boa marcha do Centro de Competencias Dixitais de Renfe, o primeiro en Galicia destas características, que vén de cumprir un ano de funcionamento, e no que xerou 11 empregos directos e 25 indirectos no municipio, sendo o 90 % traballadores locais.

Neste senso, Tomé destaca que o obxectivo final que se marcou este centro é que se alcancen os 100 postos de traballo de profesionais altamente cualificados, segundo se vaia implantando no mercado o novo servizo.

O 31 de marzo de 2023 fora inaugurado o primeiro Centro de Competencias Dixitais de RENFE (CCD) en Galicia en Monforte polo alcalde, o director xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, e o director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro.

O CCD permite desenvolver operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a creación e posta en funcionamento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo.

Un ano do CCD de Monforte

O Centro de Competencias Dixitais de Monforte de Lemos é un centro especializado en operacións de Ciberseguridade ferroviaria xestionado por LogiRail, filial de Renfe. Logo dun ano de funcionamento, converteuse nun referente na xeración de emprego novo e local.

Os primeiros integrantes do persoal foron elixidos hai máis dun ano nun proceso inicial de selección. Desde entón, o equipo foi crecendo e permitiu a persoas con perfís tecnolóxicos cualificados desenvolver a súa traxectoria profesional e proxecto de vida na localidade monfortina.

De forma progresiva, o centro continuará crecendo ata contar, en 2025, cun persoal de 35–40 profesionais altamente capacitados e certificados.

Nun futuro, o Centro de Operacións de Seguridade poderá constituír a base da creación e desenvolvemento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicada ao sector ferroviario.

A compañía investiu 1 millón de euros en poñer en marcha este centro, que se une aos xa creados noutras localidades. Renfe, a través da súa filial LogiRail, conta con outros Centros de Competencias Dixitais en activo repartidos por varias localidades con ampla historia ferroviaria: Linares, Teruel, Alcázar de San Juan, Miranda de Ebro e Mérida.