Skip to main content
Monforte

O Campionato de España Absoluto de Taekwondo poderá desenvolverse en Monforte

O Campionato de España Absoluto de Taekwondo poderá desenvolverse o vindeiro 4 de maio en Monforte despois de ser a Cidade do Cabe a elixida para acoller este evento.

Para que o campionato se poida celebrar, o Club Neka, comprometido coa iniciativa, deberá depositar un canon económico, polo que desde o club contan coaa axuda das institucións para poder levalo a cabo.

Se, por algunha circunstancia, non se deran as condicións favorables para este fin, que non se reúna a cantidade de diñeiro que esixe o ente federativo, a competición desenvolverase en Andalucía.