Skip to main content
Monforte

O BNG de Monforte pide que se melloren as condicións das rúas Juan Montes e Ferrocarril

O BNG de Monforte presenta unha proposta no pleno do Concello para abordar a “deteriorada situación das beirarrúas e o mobiliario urbano nas rúas Juan Montes e Ferrocarril”.

A iniciativa xorde debido ao “preocupante estado ruinoso destas vías”, a pesar de ser asfaltadas hai relativamente pouco tempo. As fochas, mesmo nos sumidoiros, “representan un risco evidente para a seguridade dos veciños. Ademais, durante o inverno, a acumulación de verdín ou musgo aumenta o risco de resbalóns”, explican os nacionalistas.

Desta maneira, o concelleiro Manuel Luaces subliña que a substitución de luminarias “deixou aos descuberto buracos, cables e parafusos dos antigos farois, o cal contribúe á falta de seguridade nestas zonas”.

Por todo isto, o BNG insta ao Concello a tomar medidas urxentes para mellorar estas condicións e garantir a seguridade e comodidade dos cidadáns nestas rúas.