Skip to main content
Monforte

Albores organiza unha nova charla no marco da ‘Escola de saúde mental’ o vindeiro 26 de abril

A Asociación Albores Saúde Mental de Monforte desenvolverá a ‘Escola de saúde mental: A túa mente importa’, na que profesionais de distintas disciplinas das ciencias sanitarias e sociais ofrecerán unha serie de charlas co fin de achegar coñecementos prácticos e fáciles de executar por parte das persoas interesadas en mellorar a súa saúde mental.

“A idea é facer accesible para todas as persoas a saúde mental, con independencia dos seus recursos económicos. Para iso, partindo do feito de que todo o que vivimos no día a día afecta para ben ou para mal á nosa psique, proporemos pequenos cambios nos hábitos e rutinas cotiás, que mellorarán considerablemente o noso benestar”, explican.

A próxima actividade terá lugar o día 26 de abril do 2024 no salón de actos do Hospital de Monforte de Lemos, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Quen estea interesado/a pode inscribirse chamando ao 982.404.968 ou escribindo un correo electrónico a t.social@albores.org.