Skip to main content
Monforte

O Ateneo Casino de Monforte acolle a presentación en Monforte de ‘Colección Romántica’

Os músicos David Taboada e Sergio Alba presentan en Monforte ‘Colección Romántica’, un espectáculo que busca crear unha experiencia emocional co público inspirada pola música, a través dunha coidada selección de temas.

Ambos músicos, que contan cunha dilatada traxectoria na interpretación e na docencia musical, idearon este proxecto buscando a conexión co público nun formato intimista de voz e piano.

A cita, no Ateneo Casino de Monforte, terá lugar esta tarde, 26 de abril, ás 20.30 horas, será a segunda na que estarán na Ribeira Sacra, xa que no mes de marzo o Círculo Saviñao tamén acolleu un concerto deles.