Skip to main content
Taboada

Desde o Concello de Taboada animan á veciñanza a participar na charla sobre a velutina desta tarde

O cuartel vello de Taboada acolle esta tarde, a partir das 16.00 horas, unha charla informativa aberta a toda a veciñanza para a loita e prevención contra a vespa velutina.

Desde o Concello sosteñen que é “unha praga que temos a obriga de combater desde as administracións públicas, involucrando a todas cantas persoas nos sexa posible, porque é unha loita colectiva que nos afecta a todos e todas”.

Esta charla será impartida polo experto Enrique Rojo e nela, ademais de información, tamén se repartirá material de trampeo. “Intentade asistir para aprender a trampear e así axudar a ter un Concello coa menor incidencia posible de vespa velutina”, din desde o Goberno local.