Skip to main content
Axenda SARRIAXADeportes SARRIAXAO Páramo

A SD O Páramo organiza o I Torneo de Fútbol Sala Concello do Páramo en xuño

Por 4 Abril, 2024Abril 5th, 2024Sin comentarios

O equipo da SD O Páramo, conxuntamente co Concello do Páramo, organiza a primeira edición do Torneo de Fútbol Sala Concello do Páramo os vindeiros 1 e 2 de xuño.

Así, desde o equipo sosteñen que “esta é unha oportunidade para seguir facendo equipo e promovendo actividades interesantes para o municipio”.

O evento, que se celebrará no pavillón municipal recentemente reformado, entregará diversos premios ao campión, ao subcampión, ao 3º e 4º clasificado, así como ao mellor xogador e mellor porteiro.