Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

Sarria acolle unha gran programación cultural para este mes de abril

A programación cultural do Concello de Sarria para abril acolle diversas actividades desde esta tarde de venres, coa presentación do libro de Ticiana Ghiglione Darriba e a fin de semana, na que se celebrarán os Cantos Pequenos de Taberna e o Consertasso na Horta de Brais Hortas. Ademais, o domingo celebrarase o Entroido.

Xa o sábado 13 de abril terá lugar a proxección do filme Pinochoás 17.00 horas para os máis pequenos e ás 21.00 horas celebrarase o concerto da Banda de Música de Sarria; mentres que o domingo 14, a partir das 20.00 horas, haberá un ciclo de Música Clásica ‘Dans le soir’ con Beatriz Ramos e Ángel González.

O seguinte fin de semana, o día 20 terá lugar a xornada de inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais, organizada pola Plataforma Diversidade Infantil, e ás 17.00 horas terá lugar o espectáculo familiar ‘Eu son de ciencias’, de Trémola Teatro. Mentres, o domingo representarase ‘Vía Morta’ de Culturactiva.

O martes 23 presentarase a Ruta Literaria ‘A Desfeita’ e o 27 proxectarase o filme ‘Los tipos malos’ para despois, ás 20.00 horas, acoller a presentación do novo disco da Asociación Rúa da Música. O domingo 28 realizarase a ruta ‘A Desfeita’ ás 17.00 horas e ás 20.00 horas proxectarase ‘Illa de Cans’. Por último, o día 30 proxectarase ‘La novia cadáver’ para todas as persoas interesadas.