Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

Seis concertos de música clásica chegarán á vila de Sarria da man de Arsactus de abril a setembro

Por 11 Abril, 2024Abril 12th, 2024Sin comentarios

O grupo Ars Combinatoria, a través da asociación Arsactus, organiza un ciclo de actividades para promover o coñecemento dos sarriaos da música clásica, en colaboración co Concello de Sarria.

Así, desenvolveranse seis concertos a través do nome ‘Sarria Clásica’, que comezará este domingo e ata o vindeiro mes de setembro en diferentes puntos da vila sarriá de forma gratuíta e para todos os públicos.

O primeiro, este domingo, terá lugar na Casa da Cultura ás 20.00 horas da man da soprano Beatriz Ramos e o pianista Ángel González. O seguinte será o vindeiro 12 de maio na Sociedade Cultural La Unión, onde actuará un cuarteto de corda do grupo Ars Combinatoria.

Xa en xullo, o día 23 o grupo Ars Combinatoria ofrecerá un recital na Casa da Cultura e o día 31 celebrarase un concerto de violinistas con Elsa Ferrer e Andrea Sanzvela na Igrexa de San Salvador.

Pola súa parte, o 2 de agosto terá lugar o seguinte concerto, neste caso no local de Meigas e Trasgos no Chanto no que actuará a orquestra de corda Ars Principia e rematará o ciclo de actuacións o 15 de setembro no convento da Merced con Elsa Ferrer ao violín e Canco López á clave.

Ademais, no marco destas actividades, do 21 de xullo ao 3 de agosto desenvolverase o campamento ‘Cuentos pintados con música’, no que haberá profesores que participarán nos diferentes concertos programados.

O campamento, motivado polo grupo Ars Principia, está destinado a nenos e nenas de entre 8 e 20 anos con experiencia na música e, concretamente, nos instrumentos do violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo.

Todas estas actividades buscan dar cabida á música clásica na programación cultural do municipio de Sarria.