Skip to main content
Axenda SARRIAXAO Incio

A IV edición dos Cantos de Taberna do Incio celebraranse o vindeiro 11 de maio

A Aula de Música Tradicional do Incio e a Asociación As Xeitosas, en colaboración co Concello do Incio, organizan a IV edición dos Cantos de Taberna.

Así, o vindeiro sábado, 11 de maio, a Cruz do Incio e o Val do Mao acollerán a música de diferentes grupos de música tradicional galega que percorrerán os establecementos enchendo de música a vila.

Todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán facelo achegándose ao Concello do Incio de maneira gratuíta e pasar un bo rato cos amigos.