Skip to main content
O Incio

Xabier Díaz, confirmado como artista que actuará durante o Festival Terra Brava do Incio

Por 16 Abril, 2024Abril 17th, 2024Sin comentarios

Os organizadores do Festival Terra Brava do Incio anuncian que no evento, que se desenvolverá os días 24 e 25 de agosto, actuará tamén Xabier Díaz, sendo o cuarto artista confirmado.

Así, sosteñen que están moi contentos, xa que “despois de 2 anos intentándoo, por fin e grazas a Xabier, demos feito realidade o soño de traer ao escenario do Terra Brava a todo un referente na música tradicional, que non falte nunca nos nosos festivais, Xabier Díaz”.

Ademais, virá acompañado das voces de Adufeiras de Salitre, que farán pasar unha noite “inesquecible” a todas as persoas que se acheguen a participar do festival no Incio.