Skip to main content
O Incio

Weeding Dub actuará no Tremeterra Fest do Incio o vindeiro 30 de agosto

Por 20 Abril, 2024Abril 21st, 2024Sin comentarios

Os organizadores do Tremeterra Fest confirman outro artista que actuará durante o evento, concretamente o 30 de agosto, que é Weeding Dub, produtor e músico multiinstrumentista que fai historia na escena no 2004, tras o lanzamento do agora clásico “Steppactivism”.

Hoxe en día, ademais de músico, é creador de experiencias en vivo únicas que sorprenden pola diversidade das súas producións e demostran a súa destreza detrás dunha mesa de mesturas.

Entre os seus proxectos atópase o clásico Note Fi Note / Dub Fi Dub con Vibronics Dub, que estivo na edición pasada do Tremeterra Fest; o tamén é autor do álbum “Where We Come From” co selo Wise & Dubwise (2022) que inclúe algunhas colaboracións como a que ten con Solo Banton no “Mad” e a súa amiga Mariña P, que tamén formou parte do Tremeterra 2023.

Así, din que Weeding Dub, en formato libe dub set, “asegura grandes sorpresas para esta temporada e no Tremeterra ides a poder comprobalo”, animando así a que todas as persoas interesadas participen desta iniciativa.