Skip to main content
O Páramo

A primeira Maratón Fútbol Sala Concello do Páramo desenvolverase en xuño

Por 25 Abril, 2024Abril 26th, 2024Sin comentarios

O equipo SD O Páramo e o Concello organizan a primeira Maratón Fútbol Sala Concello do Páramo os vindeiros 1, 2 e 3 de xuño, no que contarán, en principio, con 16 equipos.

Así, as persoas interesadas poderán formar equipos de fútbol sala e anotarse á maratón antes do vindeiro 29 de maio a través do número de contacto 617 014 277.

Os premios que se entregarán consistirán en 800 puntos máis un trofeo para o primeiro equipo clasificado, 400 puntos e trofeo para o segundo, 250 puntos para o terceiro e 150 puntos para o cuarto.

Ademais, o mellor xogador levará 100 puntos e un trofeo e o mellor porteiro tamén 100 puntos e trofeo.