Skip to main content
Samos

Samos será o escenario dun campo de voluntariado nacional en agosto

O Concello de Samos, xunto coa Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, desenvolverá do 1 ao 12 de agosto un campo de voluntariado nacional, no que 15 mozos e mozas vidos de toda España irán a axudar a entender novos xeitos de aplicar á tecnoloxía a diferentes ámbitos como o turístico.

Os mozos e mozas desenvolverán traballos como a creación dunha audioguía, realizarán unha curtametraxe de Samos e ata dixitalizarán diferentes rutas.

Ademais farán traballos de coidado no Camiño de Santiago e dinamización dos peregrinos.