Skip to main content
Deportes SARRIAXALáncara

O 30 de abril desenvolveranse unhas exhibicións deportivas no pavillón de Láncara

Por 27 Abril, 2024Abril 28th, 2024Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza para o martes, 30 de abril, a primeira xornada deportiva ‘Láncara en igualdade’, na que as Escolas Deportivas de Láncara desenvolverán unhas exhibicións no pavillón municipal na Pobra de San Xiao.

Así, ás 17.30 horas terá lugar o partido de exhibición do EDM Láncara mixto, mentres que os partidos de exhibición de fútbol sala mixto serán ás 17.00 horas co EDM Láncara Biberón, ás 18.15 horas co EDM Láncara alevín, infantil e cadete; e ás 19.15 horas, o EDM Láncara prebenxamín e benxamín.

Estas actividades forman parte da programación da XXV Feira da Tenreira de Láncara, que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio.