Skip to main content
Paradela

Paradela acolleu a presentación do libro ‘Los zapatos del lobo’ da escritora Sonia Arias

Por 9 Abril, 2024Abril 10th, 2024Sin comentarios

O pasado venres Paradela acolleu a presentación do libro ‘Los zapatos del lobo’ da escritora paradelense Sonia Arias, acompañada da alcaldesa, Montserrat Mulet, e polo escritor Carlos Ulloa.

Desde o Concello de Paradela din que a escritora, durante o evento, “recibiu todo o apoio e cariño dos paradelenses que acudiron a presentación”.

Pola súa parte, Arias sostivo que a presentación foi “moi ben” e que “dá gusto sempre tratar coa xente de Paradela”, xa que a acolleron moi ben e desfrutaron moito, todos os participantes, da súa obra.