Skip to main content
Sarria

Brais das Hortas porá o punto final aos Cantos de Taberna infantís que terán lugar o sábado en Sarria

Este sábado, 6 de abril, celébranse os Cantos de Taberna infantís a partir das 18.00 horas a través dun percorrido polos establecementos de hostalería do Malecón de Sarria.

Esta será a segunda edición, despois da boa acollida que tiveron os celebrados por primeira vez o ano pasado, polo que a Asociación Peleriños desenvolverá esta iniciativa acompañados pola Aula de Música Tradicional do Concello do Incio e con nenos e nenas da Asociación Val de Láncara.

Ademais, ás 19.30 horas haberá un espectáculo da man de Brais das Hortas baixo o nome de ‘Consertasso na horta’ no tramo final do Malecón e aberto a todas as persoas que se acheguen.