Skip to main content
Sarria

Os máis pequenos da comarca serán os protagonistas na vila durante os Cantos Pequenos de Taberna

Por 6 Abril, 2024Abril 7th, 2024Sin comentarios

A Asociación Peleriños organiza, da man do Concello de Sarria, a segunda edición dos Cantos Pequenos de Taberna a partir das 18.00 horas polo paseo do Malecón da vila.

Así, sosteñen que “a primavera dá paso á segunda edición dos Cantos Pequenos para que desfruten os máis pequenos da comarca de Sarria da música tradicional”.

Este ano estará, unha vez máis, a aula de música tradicional do Concello do Incio e achegarase tamén, pero por primeira vez, a Asociación Cultural Val de Láncara.

“Vale a pena achegarse a escoitalos e deseguido empatar co fabuloso Consertasso na horta de Brais das Hortas, un plan de tarde que non vos podedes perder”, animan desde Peleriños.