Skip to main content
Sarria

Bloodshed e Trigger Edge actuarán este domingo no Buril de Sarria

O Buril organiza unha nova actividade musical para este domingo, 14 de abril, no seu local de Sarria.

Así, a partir das 19.00 horas acollerá dous concertos, o de Bloodshed, unha banda de hardcore-punk de Panamá; e Trigger Edge, unha banda de hardcore-beatdown de León.

As persoas interesadas deberán pagar un custo de 5 euros para poder desfrutar destes concertos e ademais haberá paparota e palco de espontáneos de balde ao remate dos concertos.