Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria quere ampliar o número de operarios da área de parques e xardíns

Por 9 Abril, 2024Abril 10th, 2024Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de publicar as bases do proceso selectivo para a ampliación da bolsa de operarios da área de parques e xardíns do municipio.

Así, as funcións das persoas interesadas en optar a este posto de traballo serán as establecidas na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Sarria, que se resumen en acometer tarefas de mantemento e conservacións dos parques e xardíns municipais.

Por outra parte, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, aprobou as bases da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión, como funcionario de carreira, de tres prazas como administrativo de Administración Xeral polo sistema de concurso-oposición por promoción interna.