Skip to main content
Sarria

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria participou na campaña #Aquítaménsefala

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez participou na campaña #Aquítaménsefala, unha campaña de dinamización da lingua galega promovida polo IES Rafael Dieste  da Coruña, que consistiu en poñer carteis polos distintos establecementos comerciais, oficinas, espazos deportivos… de Sarria e facer a foto respectiva co cartaz colocado.

As rapazas e os rapaces estiveron moi motivados, sobre todo os e as de 1º da ESO, que chegaron a colocar preto dun centenar de carteis.

Ademais, o próximo día 16 de abril, entre as 10.30 e as 12.00 horas celébrase no centro o II Concurso de Oratoria Improvisada no que participarán alumnos e alumnas do IES Río Cabe de Monforte, do IES Martaguisela de O Barco de Valdeorrras.