Skip to main content
Sarria

O libro ‘Breicar en el Camino de Santiago’ de Mirella López foi presentado no colexio da Asunción

Por 11 Abril, 2024Abril 12th, 2024Sin comentarios

A triacastelá Mirella López, autora do libro ‘Breicar en el Camino de Santiago’, que está ambientado na súa terra natal, presentou a súa obra no centro educativo da Asunción de Sarria.

Así, contoulle ao alumnado de 1⁰ de ESO de que vai o libro, narroulles como foi o proceso, por que me gusta escribir… e, pola súa parte, os alumnos e alumnas atenderon e dixéronlle que lles gustara moito o seu libro.

“Iso é motivación para min e é o que nos gusta oír aos que escribimos, que vos gusta o que facemos, en maior ou menor medida, pero que gusta”, sostivo López.

Por iso, deu as grazas “infinitas por esas horas pasadas nas vosas compañía, polo voso agarimo e acollida e o devandito espero que gocedes enormemente coas aventuras desta peculiar cuadrilla e, concretamente a Ruth pola oportunidade”.