Skip to main content
Sarria

As XVII Xornadas Xurídicas dedicadas a Román García Varela en Sarria desenvolveranse do 12 ao 14 de xuño

Por 15 Abril, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

Sarria acollerá unha nova edición das Xornadas Xurídicas dedicadas a Román García Varela do 12 ao 14 de xuño, que será a XVII. A Casa da Cultura é o lugar escollido para o desenvolvemento desta iniciativa, que terá como protagonistas os temas da ciberseguridade e os delitos informáticos.

A inauguración do foro contará co presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Vicente Guirlate; o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; a directora da UNED, Ana Traseira, e representantes da Xunta e da Deputación de Lugo.

Pola súa parte, o fiscal xeral do Estado Álvaro García pronunciará a ponencia inagural das xornadas e durante os tres días haberá catro mesas redondas moderadas por María Emilia Casas, expresidenta do Tribunal Constitucional; María Concepción Espejel, maxistrada do Tribunal Constitucional; o Rafael Mozo, expresidente do CGPJ;  e José Luis Barreiro, expresidente da Xunta.

Ademais, nas mesas participarán Juan Antonio Xiol, exvicepresidente do Tribunal Constitucional; María Elvira Tejada e Jorge Armando Bermúdez, fiscais especializados en Criminalidade Informática; Ana María Gude, decana de Dereito na USC; Antonio Piña, presidente da Audiencia de Ourense; Mar España, directora da Agencia Española de Protección de Datos; Pablo María Lucas, presidente da sala terceira do Tribunal Supremo; Raquel de Miguel, fiscal na Audiencia Nacional; Miguel Marcos, letrado de Administración de Xustiza; Carlota Cuatrecasas, maxistrada da Audiencia de Barcelona; Javier Hernández, maxistrado do Tribunal Superior; e Marc Robinson, maxistrado de ligazón de Reino Unido en España.