Skip to main content
Sarria

Adif vén de licitar as obras para eliminar dous pasos a nivel no Oural, en Sarria

Por 17 Abril, 2024Abril 18th, 2024Sin comentarios

Adif vén de licitar a supresión de dous pasos a nivel na parroquia de Oural e a construción dunha ponte, unhas obras cun valor de 4,1 millóns de euros que incluirán a eliminación de tres cruces sobre a vía do tren e a creación dun paso inferior e outro superior.

Así, construirase un viaduto de máis de 110 metros con acceso ás rúas Agra e Bidueira e a ponte permitirá que siga a liña ferroviaria, dous vías de acceso a unha empresa, un camiño de servizo das instalacións, a rúa Lamas e o regato Veiga.

Pola súa parte, o paso elevado terá dous carrís para permitir a circulación en ambos sentidos e contará con beiravías, unha delas con beirarrúa.

Tamén se eliminarán dous pasos a nivel do Oural, que se atopan nas inmediacións da estación de tren e contan con barreiras automatizadas e sinais luminosos e acústicos. Así como será eliminado outro cruce sobre a vía no Oural, que será subtituído por un paso inferior no mesmo cruce.