Skip to main content
Sarria

O programa educativo ‘Que non te líen, ti elixes’ impartiuse no IES Xograr de Sarria

O alumnado de 3º da ESO participou nunha charla de orientación vocacional no marco do programa educativo ‘Que non te líen, ti elixes’ impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade.

Dúas representantes femininas do sector forestal impartiron as sesións, compartindo as súas experiencias laborais. Ademais, durante a charla , o alumnado reflexionou sobre a importancia de elixir unha profesión dende unha perspectiva libre de prexuízos sexistas e de estereotipos de xénero.