Skip to main content
Sarria

Inaugúranse seis contedores para recoller tapóns solidarios que serán destinados a Aspnais

A Asociación de Pais, Nais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspnais) e o Concello de Sarria inauguran seis contenedores para a recollida de tapóns solidarios.

Esta asociación encargarase posteriormente da clasificación dos plásticos para ser enviados a unha planta de reciclaxe, polo que o Concello pide aos usuarios que empreguen estos contenedores con responsabilidade evitando introducir outros elementos neles.

Desde a Plataforma Diversa Infantil da Comarca de Sarria tamén anima a participar desta iniciativa para recadar tapóns, destinados aos programas e accións que se levan a cabo en Aspnais.