Skip to main content
Sarria

Comezan en Sarria os traballos para reunir o material e confeccionar as alfombras florais do Corpus

Sarria comeza cos traballos preparativos para a confección das alfombras florais do Corpus 2024, que se desenvolverán ao longo deste mes e en maio na capela do Perpetuo Socorro na Praza da Vila.

Así, desde o 26 de de abril e ata o 31 de maio prepararase o material na capela para, o xoves 30 e o venres 31 de maio, recibir as flores na casa do Concello o na oficina de turismo.

Xa o sábado, 1 de xuño, terá lugar a confección das alfombras por parte da veciñanza que se anime a participar da iniciativa na rua Maior. Por último, o día 2 de xuño terá lugar ás 12.00 horas a misa na Igrexa de San Salvador e, media hora máis tarde, procederase á celebrar a procesión coa Banda de Música de Sarria.