Skip to main content
Sarria

Marcos Díaz presentou o seu novo coche de rally nun ateigado Malecón de Sarria

Marcos Díaz, veciño de Samos, presentou o seu novo coche marca BMW 3.000 de gasolina con moitas melloras para competir no Campionato de Rally, que comezará en Viveiro, logo terá lugar en Salvaterra do Miño, logo en Sarria en agosto, logo en Intra, en Ourense, e finalmente o rally San Froilán.

Así, decenas de persoas achegáronse ao Malecón, onde estivo exposto o novo coche de rally deste veciño samanense durante varias horas para que os veciños e veciñas e tamén outras persoas que se achegaron a presenciar o acto.

Díaz, que ten unha asociación deportiva na parroquia de Vilachá de Samos, explica que a súa paixón polo rally vén desde moi pequeno polo seu pai: “Xa meu pai andaba nese mundo e eu levo desde o ano 2005 competindo con varios coches. No 2011 corrín nunha Copa de Promoción na que quedei subcampión”, explica.

Ademais, a idea de ter unha asociación xurdiu, explica, ao estar no mundo de deporte “para ter algo de deporte en Samos, un club con paixón polo motor, en concreto de rally”.