Skip to main content
Triacastela

O alumnado do Obradoiro de Emprego Comarca de Ancares VI actuou na contorna do Camiño en Triacastela

O alumnado do Obradoiro de Emprego Comarca de Ancares VI levou a cabo estes días unha actuación de restauración ambiental na contorna do Camiño de Santiago no Concello de Triacastela.

Dez alumnos, cinco do Concello de Triacastela e cinco do Concello de Pedrafita, son os encargados de levar a cabo estes traballos, que consistiron na recuperación dos muros de pedra e pavimentación do Camiño.

Trala formación do obradoiro de emprego, no que participan os concellos de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela, os alumnos recibirán o certificado de profesionalidade de Operacións auxiliares de fábricas e cubertas.