Skip to main content
Triacastela

O alumnado de Triacastela continúa a traballar no xornal ‘O Papagaio’

O alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila segue a traballar durante este curso escolar con ‘O Papagaio: o xornal da xente miúda’ a través da elaboración deste con noticias que elixen eles mesmos.

Ademais de contribuír ao desenvolvemento da lectoescritura, esta iniciativa, segundo explican desde o centro educativo, axuda a pór en valor diferentes aspectos culturais de Galicia, empregando para elo lendas, entrevistas, xogos e textos en formato cómic.

A través destas actividades, o alumnado ademais ten contacto coas diversas fontes históricas que lles axudarán a ter un coñecemento máis amplo da historia e a actualidade do municipio e de toda Galicia.