Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O taller de emprego acondiciona o Camiño da Igrexa en Friol

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

Os alumnos a alumnas do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá VII están a realizar durantes estes días a mellora do Camiño da Igrexa en Friol como parte da actividade formativa.

Nesta actuación realizan traballos de acondicionamento, limpeza e mellora tanto do camiño como da fonte existente nesta contorna.

O alcalde, José Ángel Santos visitou os traballos e agradeceu aos traballadores “o seu labor e bo facer neste proxecto”.

Este mesmo grupo realizou tamén os traballos de humanización da praza Curros Enríquez e datas recentes, que consistiron no nivelado coa beirarrúa, o empedrado da zona e a colocación de luminarias, entre outros traballos.